Un condutor que circulaba en sentido contrario resulta ferido despois de chocar contra un camión ao seu paso por Aranga
Pasadas as 23:15 horas, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que alertaba dun coche circulando en sentido contrario por esa mesma estrada, ao redor do punto quilométrico 547
Un condutor resultou ferido esta pasada noite despois de chocar contra un camión cando circulaba en sentido contrario pola A-6, dirección Lugo, á altura de Vilarraso, en Aranga.
Pasadas as 23:15 horas, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular que alertaba dun coche circulando en sentido contrario por esa mesma estrada, ao redor do punto quilométrico 547. Pasouse aviso á Garda Civil de Tráfico que axiña localizaron o vehículo e solicitaron, ao mesmo tempo, unha ambulancia para trasladar ao condutor que acababa de accidentarse.
Con todo, ademais do persoal sanitario que trasladou ao ferido ao centro hospitalario de referencia e dos axentes de Tráfico, ata o lugar, desprazáronse os membros do GES de Curtis e o persoal do servizo de mantemento da vía. Os Bombeiros de Betanzos tamén foron informados dos feitos polo 112 Galicia.