miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un home resultou ferido ao ser alcanzado polo seu propio vehículo en Pontevedra

Un home resultou ferido ao ser alcanzado polo seu propio vehículo en Pontevedra
Un home resultou ferido ao ser alcanzado polo seu propio vehículo en Pontevedra

Sucedeu preto das catro desta tarde na parroquia pontevedresa de Marcón, a onde acudiron os servizos sanitarios de urxencia despois de que un veciño localizara ao condutor tirado nunha cuneta inconsciente

Un home resultou ferido ao ser atropelado polo seu propio vehículo.

Sucedeu preto das catro desta tarde na parroquia pontevedresa de Marcón, a onde acudiron os servizos sanitarios de urxencia despois de que un veciño localizara ao condutor tirado nunha cuneta inconsciente. Decontado, a persoa chamou ao 112 Galicia, o que permitiu que se activase un operativo no que participaron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias para o traslado do ferido ao Hospital de Montecelo.

Ademais, o equipo médico contou co apoio e colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más