miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Investigan a un home de Ourense por provocar un incendio cando estaba facendo unha queima de rastroxos

Investigan a un home de Ourense por provocar un incendio cando estaba facendo unha queima de rastroxos
Foto de arquivo
Investigan a un home de Ourense por provocar un incendio cando estaba facendo unha queima de rastroxos

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 1 de Garda de Bande (Ourense)

Axentes da Policía Autonómica e axentes forestais veñen de esclarecer incendio forestal Concello de Calvos de Randín (Ourense), coa identificación do presunto autor.

Os Policías integrantes do Grupo de Investigación de Incendios da Sede Provincial desta Unidade en Ourense, en colaboración con Axentes Forestais do Distrito XV da Limia, procederon a tomar declaración como investigado a un varón, presunto autor dun incendio ocorrido o pasado día 23 de maio, en Serois-Lobas, Concello do Calvos de Randín, no que arderon 0,21 Has de superficie rasa.

O lume foi orixinado por mor dunha queima de restos forestais que o investigado realizou sen adoptar as medidas de seguridade preceptivas, o que posibilitou que o lume se propagara por toda a finca.

As dilixencias por tales feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 1 de Garda de Bande (Ourense).

Na actual campaña contra os incendios forestais do 2019, un total de 43 persoas foron investigadas pola Policía da Xunta de Galicia, como presuntas autoras de incendios forestais.

Comentarios
Lo más