A Axencia Local de Colocación inicia a inscrición en varios cursos e talleres no ámbito das TIC
Outro dos cursos realizarase do 10 ao 20 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas. Denomínase "Curso de iniciación ao deseño e impresión 3D"
A Axencia Local de Colocación organiza a segunda e terceira edición do workshop "Progresa dixitalmente", en colaboración con Facebook. Ademais, xunto coa Cámara de Comercio, pon en marcha dous novos cursos no ámbito das TIC: un sobre sobre robótica e un máis sobre programación electrónica aplicada. A inscrición pode realizarse a través da páxina web da Axencia Local de Colocación.
Está aberta a inscrición en tres cursos que se imparten en colaboración coa Cámara de Comercio, lugar no que se impartirá a formación. Están dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas e son de balde.
A primeira das propostas é o "Curso básico de iniciación á programación electrónica aplicada, que se impartirá entre o 3 e o 7 de xuño en horario de 9:00 a 14:00 horas. Neste curso práctico, o alumnado aprenderá a programar dende a utilización de linguaxes de programación visuais e a súa integración coa electrónica para o desenvolvemento de proxectos. Esta rama da aprendizaxe ofrece saídas profesionais no ámbito da educación, empresas de deseño interactivo e audiovisual, fabricación dixital, iniciación aos videoxogos…
Outro dos cursos realizarase do 10 ao 20 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas. Denomínase "Curso de iniciación ao deseño e impresión 3D" e nel o alumnado aprenderá en que consiste a metodoloxía do deseño e o desenvolvemento de proxectos, deseñará con software 3D e utilizará tecnoloxías de impresión 3D, cada vez máis demandadas no mercado laboral. Este é un campo que adoita xerar saídas profesionais en empresas de impresión, fabricación dixital, industria (mobiliario, metal, plástico, etc.), educación, arte ou enxeñería.
Finalmente, "Curso de iniciación á robótica con Arduino" introducirá ao alumnado nos conceptos básicos da electrónica e da programación con Arduino para a construción de sistemas robotizados con aplicación en case calquera campo profesional. Soen solicitar profesionais neste campo moitas empresas de base tecnolóxica (programación, electrónica, robótica, domótica), educación, profesorado, arte, vídeo e son, deseño ou empresas de enxeñería. O curso desenvolverase do 8 ao 19 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas.