A Selección Galega de Fútbol Gaélico organiza a primeira "Romaría Gaélica"
A festa servirá como evento de peche de tempada, con entrega dos trofeos de liga, títulos individuais, sorteos etc
A Selección Galega de fútbol Gaélico celebra este sábado, día 1 de xuño, a primeira “Romaría Gaélica” que tamén servirá como festa de pecha de tempada na Asociación Galega de Fútbol Gaélico. O festexo terá lugar na Carballeira de San Lourenzo, situada no Campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela (USC), e será un evento dinámico e cunha dinámica moi dinámica e entretida.
A celebración permitirá, ao mesmo tempo, recaudar fondos para sufragar a viaxe dos combinados galegos a Irlanda no vindeiro verán para disputar os xogos gaélicos mundiais (GAA World Games).
Na festa entregaranse os trofeos aos equipos campións de liga, así como os premios de carácter individual (MVPs e mellores novatos). Tamén se entregarán recoñecementos ás mellores redes sociais, mellor terceiro tempo, mellor árbitro e tamén un premio ao xogo limpo. Haberá cantina todo o día a prezos populares, contando cunha sesión vermú en un xantar popular.
Durante toda a xornada tamén se celebrará un torneo de “streetgaélico” e, para rematar a xornada, celebraranse varios sorteos entre os presentes que inclúen entradas para tres festivais galegos, bonos para termas e spas, camisolas doadas por equipos profesionales galegos de distintos deportes; ceas, material da Selección, camisolas de equipos do gaélico galego etc.