Arde o silo dunha empresa de madeira en San Cibrao das Viñas
16:57 30/05/19
16:57 30/05/19
Non houbo que lamentar danos persoais e o lume foi sufocado por parte do persoal da empresa
O 112 Galicia tivo coñecemento na tarde de onte dun incendio, neste caso, no interior dunha nave de madeiras situada no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.
Non houbo que lamentar danos persoais e o lume foi sufocado por parte do persoal da empresa e o apoio dos bombeiros do polígono e do GES de Pereiro de Aguiar.
Finalmente, o incendio quedou confinado nun silo sen chegar a afectar a nada máis.