miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Arde case por completo unha vivenda de Culleredo sen causar feridos

Arde case por completo unha vivenda de Culleredo sen causar feridos
Arde case por completo unha vivenda de Culleredo sen causar feridos

Por fortuna, a persoa que estaba no interior no momento de producirse o lume saíu do inmoble e resultou ilesa

Un incendio calcina case por completo unha casa da Avenida de Hermida, en Culleredo.

Por fortuna, a persoa que estaba no interior no momento de producirse o lume saíu do inmoble e resultou ilesa.

Foron varios os veciños, e mesmo persoal do Aeroporto da Coruña, quen alertaron do suceso mediante as súas chamadas ao 112 Galicia cando se aproximaba a unha da tarde de onte. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Arteixo e aos membros do Servizo Local de Protección Civil co obxectivo de atallar as chamas. Con todo, o incendio rematou por calcinar case por completo a vivenda sen causar feridos.

Os danos provocados polo lume foron importantes, de feito, chegaron a colpasar algunhas paredes.

Cómpre sinalar que o operativo formado para a extinción do incendio completouse coa colaboración dos axentes da Policía Local.

Comentarios
Lo más