miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, a causa dun accidente na Estrada

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, a causa dun accidente na Estrada
Tres persoas resultaron feridas, unha delas de gravidade, a causa dun accidente na Estrada

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16:15 horas da tarde de hoxe a través da chamada dun particular.

Un total de tres persoas resultaron feridas despois de sufrir un accidente co coche no que viaxaban na N-525, á altura do punto quilométrico 315. Debido á gravidade das lesións, o condutor tivo que ser evacuado en helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 16:15 horas da tarde de hoxe a través da chamada dun particular. No seu relato, indicaba que o coche saíuse da vía tras chocar contra un camión ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Santa María de Loimil, na Estrada. A consecuencia do impacto, o condutor quedou atrapado dentro do turismo.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron en marcha un operativo que contou coa colaboración do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Deza, do GES da Estrada, dos membros de Protección Civil da localidade, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. Tamén foron informados os axentes da Policía Local por se fose necesaria a súa colaboración .

Unha vez no lugar do sinistro, os efectivos de emerxencia confirmaron que foi preciso excarcerar ao condutor do turismo, que, unha vez liberado, foi evacuado na aeronave polos servizos sanitarios. Os outros dous ocupantes do coche atopábanse liberados e accesibles, pero tamén foron trasladados ao hospital en ambulancia.

Comentarios
Lo más