miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O IES Rosalía de Castro acolle a exposición "Os nove anos de Fraguas en Lugo"

O IES Rosalía de Castro acolle a exposición "Os nove anos de Fraguas en Lugo"
O IES Rosalía de Castro acolle a exposición "Os nove anos de Fraguas en Lugo"

A mostra intégrana 12 paneis e compleméntase cun libro que recompila textos dos antigos alumnos impulsores da iniciativa

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de inauguración da mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, que se exhibe desde o mércores no IES compostelán Rosalía de Castro impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia. 

A mostra intégrana 12 paneis e compleméntase cun libro que recompila textos dos antigos alumnos impulsores da iniciativa, Manuel Regueiro Tenreiro, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, canda os doutras amizades, e constitúe un achegamento á pegada que o mestre Fraguas deixou na cidade das murallas e co web fraguasenlugo.org

Comentarios
Lo más