Cortes de tráfico e desvíos no transporte urbano con motivo da Volta Ciclista da Ascensión
Tanto na avenida de Xoán Carlos I como na da Coruña estará prohibido o estacionamento dende as 8:00 ás 20:00 horas deste xoves 30 de maio
Con motivo da celebración da Volta Ciclista da Ascensión, a avenida de Xoán Carlos I vai permanecer cortada ao tráfico este xoves 30 de maio entre as 14:30 e as 16:00 h (saída) e entre as 19:00 e as 20:30 h (chegada). Ademais, produciranse desvíos puntuais nos momentos da saída e da chegada da carreira nas avenidas de Rosalía de Castro, Romero Donallo, e Mestre Mateo.
Tanto na avenida de Xoán Carlos I como na da Coruña estará prohibido o estacionamento dende as 8:00 ás 20:00 horas deste xoves 30 de maio.
DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO
Como consecuencia destas restricións de tráfico, as liñas 1, 8, C2 e P2 do transporte urbano sufrirán desvíos no seu percorrido.