O Centro Lustres Rivas acolle da exposición do XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas
A exposición permanecerá no noso municipio ata o 15 de xuño
Dende a mañá de onte o Centro Cultural Lustres Rivas está a exhibir unha exposición formada polas obras seleccionadas no XII Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas que convoca bienalmente a Deputación da Coruña.
Entre as obras que se poden contemplar na mostra figuran nas gañadoras na súa modalidade tradicional (“Un sapo, unha muller”, peza de prata da xoieira Carla Canedo Martínez) e contemporánea (“E miraremo-las ondas. Once cantigas do mar de Vigo” libro das encadernadoras Rosa Fernández Iglesias e María del Carmen Villalva Caramés).
A exposición permanecerá no noso municipio ata o 15 de xuño e pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta