miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Tres feridos en Vigo por unha colisión entre tres vehículos

Tres feridos en Vigo por unha colisión entre tres vehículos
Tres feridos en Vigo por unha colisión entre tres vehículos

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o sinistro produciuse preto das 20:30 horas na Avenida de Buenos Aires

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta pasada tarde a tres persoas que resultaron feridas a causa dunha colisión entre tres coches en Vigo.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, o sinistro produciuse preto das 20:30 horas na Avenida de Buenos Aires, ata ao lugar desprazouse o persoal do 061-Urxencias Sanitarias para atender ás tres persoas que sufriron lesións de diversa consideración como consecuencia do impacto.

Ademais dos servizos sanitarios e da Policía Local, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Vigo aínda que no foi precisa a súa intervención xa que as persoas estaban totalmente accesibles. Tamén os axentes da Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil foron informados polo 112 Galicia.

Comentarios
Lo más