Anxo Moure estará este sábado no Lustres Rivas
08:30 31/05/19
08:30 31/05/19
Nesta ocasión, Anxo Moure ofrecerá a actuación titulada “Unha árbore vén e vernos”, orientada a nenos e nenas de 3 a 12 anos
O Centro Cultural Lustres Rivas acollerá esta fin de semana un novo Sábado de Conto na Biblioteca Municipal.
Nesta ocasión, Anxo Moure ofrecerá a actuación titulada “Unha árbore vén e vernos”, orientada a nenos e nenas de 3 a 12 anos e as súas familias e que dará comezo ás 12 do mediodía.
Con esta proposta arranca unha nova edición do Xuño da Cultura e as Artes cuxa programación será dada a coñecer integramente nos próximos días.