miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O polideportivo municipal do Concello de O Pino acolle hoxe a Gala de patinaxe 2019

O polideportivo municipal do Concello de O Pino acolle hoxe a Gala de patinaxe 2019
O polideportivo municipal do Concello de O Pino acolle hoxe a Gala de patinaxe 2019

Comezará ás 17.00 horas no polideportivo municipal

O vindeiro sábado 1 de Xuño de 2019 celebrarase, no polideportivo municipal de O Pino, a Gala de patinaxe pertencente ao curso 2018/2019. Na exhibición participarán todos os alumnos asistentes o longo de todo o curso a dita actividade, pero tamén estarán convidados tanto os seus familiares como o resto de veciños do concello.

O evento máis esperado do ano para o patinaxe de O Pino dará comezo ás 17:00 horas, mais os nenos que actúen deberán estar media hora antes por mor do vestiario, o calzado dos patíns e a organización. Para un mellor desenvolvemento do encontro, os participantes chegarán e irán baixando a pista para poñer os patíns e ir rodando antes do comezo das actuacións mentras que será obligatorio que os acompañantes e espectadores permanezan nas gradas.

Ademáis, unha vez comecen as coreografías, todos os participantes estarán sentados nos bancos que haberá colocados nos laterais da pista e debidamente organizados por niveis. A clausura da actividade será en torno ás 19:00 horas. coa entrega de diplomas.

Comentarios
Lo más