miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

​7H Cooperativa Cultural inaugura o proxecto Morte Terra

​7H Cooperativa Cultural inaugura o proxecto Morte Terra
​7H Cooperativa Cultural inaugura o proxecto Morte Terra

Iniciada en 2015 e actualmente en curso, a serie artístico-documental da que forman parte as cinco imaxes que protagonizan a exposición explora o problema do despoboamento rural galego

7H Cooperativa Cultural inaugura a mostra fotográfica do proxecto Morte Terra, desenvolto por Matteo Bertolino, que terá lugar hoxe xoves, día 30, ás 20:30 horas en Cuarto Pexigo (Rúa do Pexigo de Abaixo, 18 – Santiago).

Iniciada en 2015 e actualmente en curso, a serie artístico-documental da que forman parte as cinco imaxes que protagonizan a exposición explora o problema do despoboamento rural galego cunha mirada crítica e suxerente na que se mestura o fotoxornalismo coa fotografía de autor. Desde a perspectiva dun estranxeiro residente en Galicia, Bertolino (Turín, 1977) convida á reflexión colectiva arredor do impacto social e territorial do declive e envellecemento demográfico galego, centrándose no caso paradigmático da provincia de Ourense. 

As imaxes seleccionadas para a mostra, dúas das cales só poderán verse o día da propia presentación, están a venda e poden visitarse en Cuarto Pexigo até mediados de xuño. 

Comentarios
Lo más