Lote de medallas para o Atlética A Silva-Ordes
María Pena Ferreiro (S18) e Daniel Loureiro Mosquera (S16) do Club Atlética A Silva-Ordes proclamáronse campións galegos de lanzamento de xavelina coas súas mellores marcas persoais, 45'19 e 44'05 metros respectivamente.
María Pena Ferreiro (S18) e Daniel Loureiro Mosquera (S16) do Club Atlética A Silva-Ordes proclamáronse campións galegos de lanzamento de xavelina coas súas mellores marcas persoais, 45'19 e 44'05 metros respectivamente. No caso de María Pena posicionouse incluso por diante da actual campioa de España, mentres que Daniel Loureiro xa ten na man a oportunidade de formar parte da Federación Galega de Atletismo no próximo Campionato de España por Federacións Autonómicas o próximo mes de xuño en Madrid.
Hai que sinalar tamén as dúas pratas obtidas por María Aguiar Mosquera en altura, superando tamén a súa marca persoal en 1'53 metros. No caso de Arantxa Ferreiro Figueira o seu lanzamento de xavelina chegou aos 28,78 metros.
No Xogade Campionato Provincial S14, disputado este domingo, Nacho Sposito conseguiu a prata no lanzamento de peso. Candela Iglesias Santos en disco e Antía Rey Raña en 220 valos conseguiron os ouros. Ademais, esta última tamén obtivo unha prata en 80 valos. Os bronces foron para Noa Rey Bravo en lonxitude, Nadia González en 1.000 obstáculos e Xulia Parcero Boo en triplo salto.
No relevo 4x80 proclamáronse campioas provinciais Xulia Parcero, Antía Rey, Noa Rey e Nadia González. Por último, Antón Raña Villaverde conseguiu o bronce en combinadas.