As festas de Ascensión chegan con calor
08:00 29/05/19
08:00 29/05/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima 25ºC
As condicións meteorolóxicas quedarán marcadas neste día pola estabilidade e o achegamento dunha masa de aire máis cálida que a de xornadas anteriores.
Isto fará que teñamos en xeral os ceos pouco anubrados ou despexados, con nubes baixas ao principio do día no terzo norte e algún banco de néboa matinal no interior.
As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, pero as máximas ascenderán. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima 25ºC.
Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte.