miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Xulgado manda a xuízo outras dúas pezas da Operación Patos

O Xulgado manda a xuízo outras dúas pezas da Operación Patos
O Xulgado manda a xuízo outras dúas pezas da Operación Patos

O Ministerio Público solicita para o primeiro sospeitoso nove meses de prisión, mentres que para o funcionario esixe un ano de cárcere e que sexa suspendido para desempeñar un emprego ou cargo público

O Xulgado de Instrución número 7 de Vigo concluíu a investigación sobre a peza da coñecida como Operación Patos relacionada coa Asociación Cultural Pedra Moura de Coruxo. 

A xuíza ditou o auto de apertura de xuízo oral, no que decretou que a causa se siga contra os empresarios E.A.P. e A.R.D., así como contra o funcionario, no momento dos feitos, J.M.V.M., por se os feitos que se lles imputan fosen constitutivos dun delito de falsidade en documento mercantil. 

A Fiscalía pide que cada un dos tres acusados sexa condenado a un ano de cárcere e ao pago dunha multa de 4.230 euros.

A titular do Xulgado de Instrución número 7 de Vigo tamén deu por finalizada a investigación doutra das pezas separadas da Operación Patos. No auto que remite á Audiencia para que se siga o procedemento polos trámites do Tribunal do Xurado ordena que a causa continúe contra o empresario E.A.P. e o funcionario no momentos dos feitos A.C.C. como presuntos autores dun delito continuado de suborno. 

O Ministerio Público solicita para o primeiro sospeitoso nove meses de prisión, mentres que para o funcionario esixe un ano de cárcere e que sexa suspendido para desempeñar un emprego ou cargo público durante tres anos.

Comentarios
Lo más