Un operario resulta ferido tras caerlle unha árbore encima en Paderne
16:12 28/05/19
16:12 28/05/19
Ocorreu ás 9:30 horas de hoxe no lugar de Velouzás, en Paderne
Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron esta mañá a un traballador que resultou ferido nunha perna ao caerlle unha árbore enriba.
Ocorreu ás 9:30 horas de hoxe no lugar de Velouzás, en Paderne, cando o operario estaba a realizar unha corta.
Foi o compañeiro do ferido quen alertou mediante a súa chamada ao 112 Galicia. Axiña, os xestores de emerxencias pediron a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias co fin de valorar e posteriormente trasladar ao centro hospitalario de referencia ao operario.
Ademais, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos membros de Protección Civil da localidade.