miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Volve o anticiclón á cidade

Volve o anticiclón á cidade
Volve o anticiclón á cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 20ºC

Galicia irá recuperando progresivamente as condicións anticiclónicas, aínda que o vento do norte continuará achegando aire frío e con humidade dende o Golfo de Biscaia. 

Deste xeito agardamos un día con predominio de ceo despexado, aínda que no norte da Coruña e Lugo haberá nubes baixas ao principio e final da xornada. 

A madrugada será fría en xeral, con mínimas en descenso, mentres que as máximas non cambiarán. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 20ºC.

Os ventos soprarán frouxos do norte, aumentando a partir do mediodía, principalmente no litoral atlántico.




Comentarios
Lo más