miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Afundación propón cine mudo con música en directo para comezar as actividades de "Sonoro empeño"

Afundación propón cine mudo con música en directo para comezar as actividades de "Sonoro empeño"
Afundación propón cine mudo con música en directo para comezar as actividades de "Sonoro empeño"

Hoxe martes 28 de maio finalizará o ciclo de cinema «Sonoro empeño» coa proxección da película El profesor de violín a partir das 20.00 h no Centro Obra Social ABANCA

No marco do proxecto multidisciplinar «Sonoro empeño. A música nas Coleccións ABANCA e Afundación», ABANCA e Afundación organizaron unha extensa programación de actividades complementarias en Santiago de Compostela.

Hoxe martes 28 de maio finalizará o ciclo de cinema «Sonoro empeño» coa proxección da película El profesor de violín a partir das 20.00 h no Centro Obra Social ABANCA. 

Xa no mes de xuño a programación continuará cunha actividade que fusiona o cinema coa música. Os músicos Lois Carlín e Pablo Seoane, con teclados, un sintetizador e un contrabaixo, poñerán a banda sonora a clásicos do cinema mudo de Buster Keaton, como son El maquinista de La General (The General) e El fotógrafo (The cameraman). Así, os asistentes poderán gozar dunha maneira diferente da sétima arte. Esta actividade terá lugar en dúas sesións os días 4 e 18 de xuño, a partir das 20.00 h no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

Para rematar as actividades do mes de xuño, o venres 21 Samuel Diz ofrecerá un concerto de guitarra acompañado dunha mezzosoprano, e o mércores 26 a poeta Estíbaliz Espinosa realizará a intervención poético-musical Xenias e musos?

Esta proposta responde o propósito da entidade de potenciar as experiencias interactivas dentro das súas actividades para estender a programación máis aló da propia exposición, mostrando na práctica o diálogo permanente entre as distintas disciplinas artísticas, e desenvolver a actividade cultural fóra dos espazos onde se desenvolve tradicionalmente.

Comentarios
Lo más