Atropelan a un neno en Ferrol durante o día de onte
17:09 27/05/19
17:09 27/05/19
Ata o lugar desprazouse axiña unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que trasladou ao ferido ata o Hospital Naval de Ferrol
Sobre as 19:45 da tarde, o 112 Galicia era informado doutro atropelo. Tamén neste caso, se tratou dun neno atropelado por un turismo que circulaba pola Rúa Celso Emilio Ferreiro, en Ferrol.
Foi a nai do neno quen, a esa hora, alertou ao 112 Galicia. Ao mesmo tempo, varios particulares tamén chamaban o 112 Galicia para pedir axuda.
Ata o lugar desprazouse axiña unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, que trasladou ao ferido ata o Hospital Naval de Ferrol.
Do mesmo xeito, os xestores de emerxencias informaron do suceso á Policía Local e aos Bombeiros da cidade.