miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha avoa e a súa neta resultan feridas nun accidente de tráfico en Noia

Unha avoa e a súa neta resultan feridas nun accidente de tráfico en Noia
Unha avoa e a súa neta resultan feridas nun accidente de tráfico en Noia

Ao fío das 19:15 horas da tarde pasada, varios particulares chamaban ao 112 Galicia para pedir axuda

Unha muller e a súa neta resultaron feridas onte despois de ser atropeladas por un turismo que circulaba á altura da Praza de Abastos, na localidade de Noia.

Ao fío das 19:15 horas da tarde pasada, varios particulares chamaban ao 112 Galicia para pedir axuda. De inmediato, achegáronse ata o punto ademais dos servizos sanitarios, a Policía Local e os efectivos de Protección Civil. Así mesmo, os xestores de emerxencias informaron dos feitos aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Brión.

Os efectivos do servizo municipal de Protección Civil confirmaron ao 112 Galicia, que as dúas feridas, das cales, a menor parecía revestir maior gravidade foran trasladadas ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más