Poden chegar a chuvias moi febles á cidade
08:00 27/05/19
08:00 27/05/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 20ºC
Unha fronte pouco activa rozará o norte de Galicia durante este día, traendo consigo ceos moi anubrados durante a mañá, con chuvias febles no norte.
A medida que avance o día a tendencia é cara á apertura de claros. En Compostela a temperatura mínima acadará os 11ºC e a máxima ata os 20ºC.
As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso.
Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico.