Xoán Bascuas votou esta mañá no Centro Sociocultural do Ensanche
13:22 26/05/19
13:22 26/05/19
O candidato por Compromiso por Galicia xógase nestas eleccións municipais entrar a formar parte da corporación do Concello de Santiago
O candidato por Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, foi outro dos candidatos á alcadía de Santiago de Compostela que se acercou esta mañá para exercer o seu dereito ao voto nestas eleccións municipais e europeas.
Bascuas votou no Centro Sociocultural do Ensanche a media mañá tal como estaba previsto. O candidato por Compromiso xógase nestas eleccións poder entrar en Raxoi despois dunha precampaña e campaña na que estivo visitando e recollendo todas as inquedanzas e demandas dos veciños do concello de Santiago.