miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A revolución do Novo Espazo chega aos Luns do Ateneo

A revolución do Novo Espazo chega aos Luns do Ateneo
A revolución do Novo Espazo chega aos Luns do Ateneo

O acto desenvolverase, como é habitual en Os Luns do Ateneo, ás 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago, sita na Rúa do Vilar, 19

Galicia estase a converter nun referente para toda Europa e Latinoamérica no lanzamento de nanosatélites, creando unha industria aeroespacial que democratiza o espazo como unha oportunidade de negocio. Esta iniciativa comezou o 13 de febreiro de 2012 co lanzamento do Xatcobeo por parte dun grupo de investigadores vigueses, entre os que se atopaba o Conselleiro Delegado de Alén Space, Guillermo Lamelas, convidado polo Ateneo hoxe luns.

Baixo o título “Pequenos satélites dende Galicia e a revolución do Novo Espazo”, o Enxeñeiro de Telecomunicacións contará a historia e evolución dos satélites, as súas características e usos, dende os seus inicios ata a actualidade, e explicará o que se coñece como a revolución do Novo Espazo e cales son as súas implicacións, analizando o rol de Galicia en dita revolución, pasado, presente e futuro.

O acto desenvolverase, como é habitual en Os Luns do Ateneo, ás 20.00 horas na sede de Afundación de Santiago, sita na Rúa do Vilar, 19.

Guillermo Lamelas desenvolveu practicamente toda a súa carreira laboral en compañías do ámbito tecnolóxico. Tendo estudado e traballado en Finlandia, Francia, Singapur e Suíza, formou parte do equipo que puxo en marcha a aceleradora de startups Wayra, como responsable global dos programas de aceleración de startups. Apaixonado da tecnoloxía e o emprendemento, en xaneiro do pasado ano lanzou Alén Space, unha prometedora startup, que revoluciona o mundo do espazo dende Galicia, ofrecendo solucións de negocio extremo a extremo, fiables e accesibles, baseadas en pequenos satélites.

Comentarios
Lo más