miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Martín del Río entregou o sábado os premios do certame artístico e literario aos gañadores

Martín del Río entregou o sábado os premios do certame artístico e literario aos gañadores
Martín del Río entregou o sábado os premios do certame artístico e literario aos gañadores

Os galardóns na modalidade de narrativa leváronnos: Lourenzo Somoza Singh; Lois Carnota Maquieira, Breixo Rey, Antía Feáns Casal, Marcos Dios Almeida e María Dolores Frieiro

O concelleiro de Cultura de Rois, Martín del Río, presidiu o sábado a entrega de premios aos gañadores do Certame Artístico e Literario que organizou o Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas. No mesmo acto, os asistentes puideron ver o ‘Telexornal Antón Fraguas’ realizado polo alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI dos Dices e tamén a curtametraxe ‘Manuela Romasanta’, do director Roberto Oliveira.

Andrea García foi a encarga de presentar o telexornal que cada ano prepara o alumnado do CPI dos Dices sobre a persoa homenaxeada o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Antonio Fraguas. Dirixido polo profesor Luís Aldegunde, neste programa participou o alumnado de 3º de ESO realizando entrevistas a diferentes persoeiros, e o de 4º da ESO facendo a edición, presentación e realización do mesmo

As reporteiras deste programa informativo foron Gaila Álvarez, Ana Bustelo, Nerea Fabeiro, Maruxa Gemperle, Ainhoa Loureiro, Iago Pérez, Lorena Picadizo, Laura Söñora, Laura Souto e Silvia Tarrío. As voces en off corresponden a Yolanda Domínguez e Alba Otero.

Neste informativo, duns 15 minutos de duración, contouse a vida e obra de Antonio Fraguas, e contextualizouse a figura do escritor e etnógrafo pontevedrés entrevistando a diferentes persoeiros, domo Díaz Fierros, González Reboredo, Clodio González, María Xosé Fernández ou Rosa Méndez, entre outros.

GAÑADORA DO CONCURSO ARTÍSTICO E LITERARIO

Tras ver o informativo, procedeuse a entrega dos premios do Certame Artístico e Literario, na modalidade de relato breve e poesía.

Os galardóns na modalidade de narrativa leváronnos: Lourenzo Somoza Singh; Lois Carnota Maquieira, Breixo Rey, Antía Feáns Casal, Marcos Dios Almeida e María Dolores Frieiro.

Na modalidade de poesía, os premios foron para Cristina Aboy Espasandín, Ana Isabel Salvado; Carmen Vidal Bustelo, Bárbara Bustelo Blanco e Margarita Bustelo Ferreirós.

Na modalidade de debuxo, os gañadores foron Amelia Miguéns Castro, Xiao Miguéns Castro e un accésit para Marcos Iglesias Gómez.

ROMASANTA

Antes de proceder a lectura dalgúns dos fragmentos gañadores e tomar un ‘café con letras’ mentres se repartían libros, Roberto Oliveira, percusionista e director da curtametraxe ‘Manuela Romasanta’, contou como fixo a investigación e a curtametraxe sobre o home lobo de Allariz, que en realidade era unha muller, da que Oliveira conseguiu a partida de nacemento.

Comentarios
Lo más