miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous motoristas feridos de consideración nun accidente en Outeiro de Rei

Dous motoristas feridos de consideración nun accidente en Outeiro de Rei
Dous motoristas feridos de consideración nun accidente en Outeiro de Rei

Ocorreu ás 20:45 da pasada tarde na LU-P-3908, á altura da parroquia de Guillar

Dúas persoas que circulaban nunha moto precisaron asistencia médica despois de bater contra un camión no termo municipal lucense de Outeiro de Rei. Ocorreu ás 20:45 da pasada tarde na LU-P-3908, á altura da parroquia de Guillar.

Unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente e, a partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios
Lo más