miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha avaría na catenaria detén un tren con vinte e dúas persoas a bordo en Redondela

Unha avaría na catenaria detén un tren con vinte e dúas persoas a bordo en Redondela
Foto de arquivo
Unha avaría na catenaria detén un tren con vinte e dúas persoas a bordo en Redondela

Os feitos tiveron lugar ao fío das 22:45 horas, momento en que o Centro de Control de Seguridade de Renfe poñía a situación en coñecemento do 112 Galicia

Vinte e dúas persoas víronse afectadas a pasada noite por unha avaría na catenaria que deixou sen subministro eléctrico ao tren no que viaxaban. Sucedeu en Redondela, no túnel dos Valos, e a pasaxe tivo que ser trasladada noutro convoi para cubrir a ruta que realizaban, dende Ourense a Vigo.

Os feitos tiveron lugar ao fío das 22:45 horas, momento en que o Centro de Control de Seguridade de Renfe poñía a situación en coñecemento do 112 Galicia.

Nada máis ter constancia, o persoal do CIAE 112 Galicia requiriu a intervención da Garda Civil, da Policía Nacional e Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Redondela.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a pasaxe foi evacuada ao outro tren ao redor das 23:30 horas.

Arestora o persoal de Adif continúa traballando no lugar da avaría, o tráfico ferroviario está cortado e a previsión é que a situación quede resolta, aproximadamente, ás 14:00 horas.

Comentarios
Lo más