miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Dous operarios dunha fábrica de madeiras de Lugo evacuados con queimaduras

Dous operarios dunha fábrica de madeiras de Lugo evacuados con queimaduras
Dous operarios dunha fábrica de madeiras de Lugo evacuados con queimaduras

Os feitos ocorreron no punto quilométrico 1 da LU-546, uns minutos despois da medianoite

Dous  traballadores dunha fábrica de madeiras situada en Santa Comba, Lugo, tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti ao presentar queimaduras de diversa consideración despois de declararse un incendio no interior da nave. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, arderon dous silos que contiñan labra, un deles estoupou e os servizos de emerxencia baleiraron o outro.

Os feitos ocorreron no punto quilométrico 1 da LU-546, uns minutos despois da medianoite. Foi unha persoa particular quen contactaba a esa hora co 112 Galicia para alertar da situación.

Acto seguido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Lugo, á Policía Nacional e á Policía Local.

Xa no lugar do incendio, os servizos de emerxencia traballaron arreo para controlar a situación e atallar o lume, que quedou sufocado ao redor das 7:10 horas.

Tamén, desde o 112 Galicia informouse do ocorrido á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lugo e aos Bombeiros de Sarria.

Cómpre destacar que, durante a tarde de onte, tivo lugar un incendio nun dos silos afectados polo que foron mobilizados os Servizos de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Lugo.

Comentarios
Lo más