"O negro das viúvas" no Museo do Traxe
O tema principal é mostrar como escritores dramáticos tan diversos viven e representan un abano de emocións e perfís que se repiten ao longo dos anos
Onte o auditorio do Museo do Traxe encheuse co alumnado do terceiro curso da ESO do IES Maruxa Mallo. O motivo foi a posta en escena do espectáculo teatral O negro das viúvas.
Unha peza realizada por Estudio de Teatro Casahamlet en base aos textos dos autores Harol Pinter, Álvaro Cunqueiro, William Shakespere, Manuel Lourenzo e Sara Kane.
Tras un estudo de cada un deles levouse a cabo un proceso de creación colectiva baixo a dirección e supervisión do director Santiago Fernández.
O tema principal é mostrar como escritores dramáticos tan diversos viven e representan un abano de emocións e perfís que se repiten ao longo dos anos.