miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Feridas cinco persoas nunha colisión frontal na Baña

Feridas cinco persoas nunha colisión frontal na Baña
Feridas cinco persoas nunha colisión frontal na Baña

Sucedeu uns minutos despois das 16:15 horas de tarde de onte

Unha colisión frontal ocorrida na tarde de onte na Baña saldouse con cinco persoas feridas, que tiveron que ser trasladadas a un centro hospitalario.

O accidente tivo lugar en Ordoeste, na estrada que une Negreira e Pereira e, para manter as condicións de seguridade dos demais vehículos, foi necesario cortar o tráfico na vía.

Sucedeu uns minutos despois das 16:15 horas de tarde de onte, momento en que unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do sinistro.

Nada máis ter constancia, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Santa Comba e da Garda Civil de Tráfico.

Convén destacar que, para a atención das persoas feridas, descartouse empregar o material de excarceración, xa que as vítimas encontrábanse accesibles.

Comentarios
Lo más