miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hernández afrontará a recuperación, ordenación e ampliación de aparcamento na contorna do Clínico

Hernández afrontará a recuperación, ordenación e ampliación de aparcamento na contorna do Clínico
Hernández afrontará a recuperación, ordenación e ampliación de aparcamento na contorna do Clínico

Avoga por unha acción conxunta e coordinada coa Xunta de Galicia para acabar coa elevada presión automobilística, a falta de control do tráfico, a carencia de labores de conservación e mantemento e a falta de aparcamento

O Partido Popular de Santiago inclúe no seu programa, como a derradeira das cláusulas prioritarias do contrato proposto polo candidato Agustín Hernández, o inicio de negociacións coa Xunta de Galicia para lograr a mellora ambiental no contorno do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), con actuacións centradas principalmente nas beirarrúas e na accesibilidade, zonas verdes, ordenación do aparcamento e seguridade viaria.

A intención é afrontar de forma colaborativa coa Administración autonomica o gran deterioro que sofre o contorno do Hospital, froito da elevada presión automobilística, da falta de control do tráfico e da carencia de labores de conservación e mantemento, de forma especial nas beirarrúas e zonas verdes. Unha situación que afecta á seguridade viaria e a accesibilidade peonil nunha zona especialmente sensible, polo elevado tránsito de vehículos e agran afluencia de persoas, moitas delas con especiais dificultades para moverse nun contorno deteriorado, cheo de atrancos e claramente hostil para a mobilidade peonil.

Inciativas sen resposta

A situación dos arredores do principal complexo hospitalario de Santiago foi obxecto de varias iniciativas no seo da Corporación sen que ata o de agora se teña producido ningún avance e, pola contra, aumente a súa degradación, a pesar de que a ordenación do tráfico no recinto é competencia do Concello, dado que se trata de vías públicas abertas á circulación, tal e como indicou Hernández apoiándose nunha resolución da Fiscalía de Vigo do ano 2016 sobre as competencias locais nas vías de acceso e interiores do recinto hospitalario de Vigo.

O candidato popular sinalou que “con independencia da competencia, parece evidente que o Concello non pode manterse á marxe dunha situación que lle afecta de forma directa á propia veciñanza e que, por riba, supón un problema con múltiples afección para a mobilidade e a calidade ambiental dunha ampla zona da cidade e para a imaxe do Concello no conxunto da súa área sanitaria de Santiago –arredor dunhas 380.000 persoas están asignadas a este centro- e do conxunto de Galicia”.

Melloras urbanas, de tráfico e de aparcamento

A proposta popular iría encamiñada á mellora das vías, das beirarrúas, das zonas verdes, dos distintos equipamentos e mobiliario público e, sobre todo, instaurar e manter unha permanente regulación, ordenación, vixilancia e disciplina do tráfico e dos aparcamentos en todo o recinto hospitalario.

Como complemento desta acción principal de renovación e ordenación dos arredores do CHUS, procederíase de forma simultánea a optimizar as posibilidades existentes para conseguir a mellora das condicións de aparcamento.

Primeiramente, no contorno do propio recinto, abrindo a posibilidade de aplicar a rotación gratuíta nas prazas de superficie e iniciando negocións co concesionaria do aparcadoiro municipal subterráneo de pago da Choupana –adxudicado e posto en servizo polo goberno bipartito de Sánchez Bugallo- para establecer algunha fórmula de colaboración ou de concertación para rebaixar unha tarifas que son as máis elevadas das áreas sanitarias galegas.

En segundo lugar, potenciaríase o aparcamento disuasorio de Santa Marta, cunha promoción intensa e con información anticipada nos accesos da situación, capacidade e nivel de ocupación desta superficie gratuíta (onde se podería contemplar tamén a rotación). En Santa Marta sería necesario tamén reforzar do servizo de transporte público, dotando ao recinto dunha ampla marquesiña que o PP solicitou hai un ano (e a pesar de considerala importante o Goberno non a puxo) e co se fose necesario incrementar a frecuencia dos autobuses urbanos para que funcionen a modo de lanzadeiras e fagan máis eficaz e atractiva esta instalación.

Logo de avanzar nestas medidas que se poderían implementar con relativa rapidez, o candidato popular aludiu aínda á posibilidade de acometer con posterioridade un novo aparcamento público para 400 prazas no espazo público situado xunto ao CIMUS, entre a Avenida de Barcelona e a Avenida do Mestre Mateo, que viñera a atenuar a necesidades de aparcamento na zona.

Agustín Hernández rematou sinalando que con esta actuación “prestaríamos un gran servizo á cidadanía de Santiago e da súa área de influencia, reforzaríamos a imaxe do centro hospitalario e da cidade e poderíamos conseguir que, cando menos os accesos e o aparcemento, estean ordenados e regulados para o Ano Santo de 2021, cando servizos importantes como este deberían estar nas mellores condicións para atender as demandas propias dun evento desta magnitude e desta transcendencia”.

Comentarios
Lo más