A Marea Cidadá propón a creación dun carril bici para unir a vila coa praia de Testal
Esta proposta busca fomentar a realización de deporte, facilitar alternativas ó coche a hora de moverse ate Testal no verán e garantir a seguridade vial ao longo de todo o traxecto
A Marea Cidadá de Noia ven de facer público o seu programa electoral, e entre as propostas en materia de ocio e saúde atópase a construción dun carril bici-running que una a Vila ca Praia de Testal.
No seu apartado “Unha Vila para desfrutar”, a Marea Cidadá de Noia ven de propoñer a creación dun carril bici-running que una Noia ca Praia de Testal.
Esta proposta busca fomentar a realización de deporte, facilitar alternativas ó coche a hora de moverse ate Testal no verán e garantir a seguridade vial ao longo de todo o traxecto.
Ademáis, no mesmo apartado, a Marea ven de facer dúas propostas máis: a creación dun Programa cultural que recolla todo o ano, con actividades no Coliseo Noela todas as fins de semana, e a creación de novos eventos lúdicos que axuden á diversificación do ocio na vila.
Dende a Marea Cidadá entendemos que o goberno da vila ten a obriga de promover unha vila desexable, onde os veciños e veciñas atopen ofertas de ocio e dinamización e onde as persoas de fóra decidan visitar Noia máis a miudo.