miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Once elencos participarán na XXII Edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira

Once elencos participarán na XXII Edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira
Once elencos participarán na XXII Edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira

A cita coa arte dramático terá lugar entre o 27 de maio e o 1 de xuño a partir das 19.30 horas no Auditorio Municipal

Un total de once elencos (oito do noso municipio e tres doutras localidades) van participar durante a semana próxima na 22ª edición da Mostra de Teatro Infantil de Ribeira, unha iniciativa que foi presentada esta mañá no Concello polo concelleiro de Educación David Fernández, xunto con María José Carreira como vicepresidenta de Alfaia (a asociación que alumbrou esta actividade fai xa dúas décadas) e o técnico cultural Unai González.

A cita coa arte dramático terá lugar entre o 27 de maio e o 1 de xuño a partir das 19.30 horas no Auditorio Municipal. Como sempre, as funcións serán gratuítas e pódese retirar a pertinente entrada media hora antes do comezo.

Como entidades locais participarán diversos grupos de teatros do Colexio A Milagrosa de Oleiros, Colexio Galaxia, Colexio Bayón, CEIP O Grupo, ANPA do Colexio Bayón e Grupo Municipal Infantil de Teatro de Ribeira. Ademais contaremos coa visita do grupo de teatro da ANPA Bandaseca do CEIP Salustiano Rey Eiras da Pobra, ANPA Cadreche do CEP Pilar Maestú Sierra da Pobra, e o grupo Alecrín de Lousame.

David Fernández agradeceu a implicación dos distintos grupos e animou á cidadanía e visitantes a achegarse ao auditorio para apoiar o traballo que están realizando cativos e maiores ao longo do ano.

Comentarios
Lo más