miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A incapacitación do enfermo de alzhéimer como medida de protección

A incapacitación do enfermo de alzhéimer como medida de protección
A incapacitación do enfermo de alzhéimer como medida de protección

O ex decano do Colexio de Notarial de Galicia, José Manuel Amigo, participa, mañá xoves, na ciclo de conferencia de Agadea Alzheimer con motivo do seu 25 aniversario

O ex decano do Colexio Notarial de Galicia, José Manuel Amigo pronunciará unha conferencia co título ‘Enfermos de Alzheimer. Protección Legal e Autoaxuda’ na que disertará sobre sobre a incapacitación como “única medida de protección xurídica integral do paciente”.  

Celébrase na tarde de mañá xoves as 20.00 horas, na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela e está enmarcada dentro do ciclo de conferencia que a entidade Agadea Alzhéimer leva a cabo con motivo da celebración do seu 25 aniversario neste ano.

José Manuel Amigo, que actualmente exerce como Notario en Santiago explicará de forma clara conceptos que aínda resultan confusos para familiares coidadores e público en xeral, tales como tutela, curatela, incapacitación... 

Ademáis describirá o procedemento de incapacitación examinando as causas do seu “pouco éxito na práctica”. Tamén describirá os mecanismos de autoprotección que a lei pon hoxe á disposicións para paliar estas situacións.

Tras a conferencia, aberta a todo o público, abrírase un coloquio para dudas e preguntas do público asistente.  

Comentarios
Lo más