miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Centro de Saúde de Vite acolle unha charla sobre Dano Cerebral Adquirido

O Centro de Saúde de Vite acolle unha charla sobre Dano Cerebral Adquirido
O Centro de Saúde de Vite acolle unha charla sobre Dano Cerebral Adquirido

Na charla que mañá dará Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela, falarase da necesidade que teñen as persoas con DCA -primeira causa de dependencia e discapacidade en España-

Mañá xoves, 23 de maio, a partir das 17:30 horas no Centro de Saúde de Vite, Sarela dará unha charla sobre Dano Cerebral Adquirido dentro do Programa de envellecemento activo e saudable que coordina a traballadora social deste centro, Isabel Redondo.

Na charla que mañá dará Eugenia Veloso, traballadora social de Sarela, falarase da necesidade que teñen as persoas con DCA -primeira causa de dependencia e discapacidade en España- de recibir unha rehabilitación especializada como forma de acadar un maior nivel de calidade de vida; das súas causas (ictus, os traumatismos etc); consellos de prevención e información sobre recursos de atención, axudas existentes, adaptacións a realizar no forgar etc.

O Programa de envellecemento activo e saudable do Centro de Saúde de Vite, que cumpre once edicións este ano, ten entre os seus propósitos evitar enfermidades crónicas e situacións de dependencia derivadas destas, axudar a manter bos hábitos no día a día e dar información de utilidade sobre distintos aspectos da saúde.

Comentarios
Lo más