Suben as temperaturas en Compostela durante o día de hoxe
08:00 22/05/19
08:00 22/05/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 25ºC
O mércores Galicia mantense na influencia das altas presións, polo que se agarda unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral, con intervalos de nubes altas a primeiras horas e entrada de nubes baixas polo litoral atlántico ao final do día.
As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima chegará aos 25ºC.
O vento soprará frouxo de dirección variable durante a mañá, manténdose a compoñente oeste pola tarde.