miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Brión acolle ata o 8 de xuño unha exposición de traballos realizados polo alumnado da Academia Da Vinci

Brión acolle ata o 8 de xuño unha exposición de traballos realizados polo alumnado da Academia Da Vinci
Brión acolle ata o 8 de xuño unha exposición de traballos realizados polo alumnado da Academia Da Vinci

García agradeceu o convite a “estar nun acto no que os protagonistas non son artistas profesionais, senón veciños e veciñas de Ames e de Brión que se animan a compartir connosco a súa arte”

O centro social polivalente de Brión acollerá ata o vindeiro 8 de xuño unha exposición cos traballos realizados durante o curso polo alumnado da Academia Da Vinci (Bertamiráns, Ames), na súa maioría veciños e veciñas de Ames e de Brión. Unha mostra con preto de 80 cadros, de distintas técnicas e estilos, que abriu as súas portas ao público na noite de onte luns, nun acto no que estivo presente o alcalde de Brión, José Luís García.

García agradeceu o convite a “estar nun acto no que os protagonistas non son artistas profesionais, senón veciños e veciñas de Ames e de Brión que se animan a compartir connosco a súa arte”. Neste sentido, indicou que “exposicións coma esta da Academia Da Vinci ou as que de cando en vez fan os nosos maiores do obradoiro da memoria son as que realmente dan sentido á existencia de espazos como este centro polivalente ou a sala de exposicións municipal”.

Pola súa banda, Cristina Carou, da Academia Da Vinci, agradeceu a colaboración do Concello de Brión pois “é importante ter á nosa disposición espazos onde facer exposicións coma esta” e felicitou a todos os participantes xa que “traballastes tanto coas mans como co corazón, sodes todos uns artistas”.

Comentarios
Lo más