miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Marea Cidadá promoverá a creación dun Plan de Vivenda Pública no Concello

A Marea Cidadá promoverá a creación dun Plan de Vivenda Pública no Concello
A Marea Cidadá promoverá a creación dun Plan de Vivenda Pública no Concello

Esta proposta ten como obxectivo dar saída ós problemas derivados da burbulla inmobiliaria

A Marea Cidadá de Noia ven de facer público o seu programa electoral, e propón en materia de vivienda a creación dun Plan de Vivenda Pública que garanta o Dereito á vivienda ó conxunto dos veciños e veciñas.

No seu apartado “Unha Vila para vivir”, a Marea Cidadá de Noia ven de propoñer a creación dun Plan de Vivenda Pública que convirta o Dereito á vivenda nunha realidade no noso municipio.  

Esta proposta ten como obxectivo dar saída ós problemas derivados da burbulla inmobiliaria, da burbulla de prezos do alquiler e facilitar o asentamento poboacional de novos veciños e veciñas.

Ademáis, no mesmo apartado, a Marea ven de facer dúas propostas máis: o establecemento do Plan “Noia Concilia”, que garanta a concialición os días non lectivos pero laborales, e a creación dunha bolsa de emprego público para a contratación dende o Concello.

Dende a Marea Cidadá entendemos que o goberno da vila ten que velar polo asentamento poboacional e polo cumplimento dos dereitos máis básicos de todos os veciños e veciñas, convertindo Noia nun lugar desexable para vivir.

Comentarios
Lo más