Unha persoa ferida nunha colisión de tres turismos na N-Vi, no concello de Rábade
13:52 21/05/19
13:52 21/05/19
Varios particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia poucos minutos antes das 10:00 horas da mañá de hoxe para dar conta do accidente
Unha colisión múltiple entre tres turismos na N-VI rematou cunha persoa ferida e trasladada polos servizos sanitarios.
Varios particulares puxéronse en contacto co 112 Galicia poucos minutos antes das 10:00 horas da mañá de hoxe para indicar que, tras o accidente na rotonda de entrada ao concello lucense de Rábade, os vehículos entorpecían o tráfico na zona.
Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisouse ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Vilaba, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e tamén ao servizo de mantemento das estradas.