Un incendio nun garaxe de Cee produce diversos danos materiais
10:12 21/05/19
10:12 21/05/19
A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia puxo en alerta aos servizos de emerxencia ao redor das 3:30 horas
Na madrugada de hoxe, un incendio orixinado nun vehículo causou danos materiais nun garaxe no lugar da Pereira, en Cee.
A chamada dunha persoa particular ao 112 Galicia puxo en alerta aos servizos de emerxencia ao redor das 3:30 horas. Decontado, avisouse aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil, á Policía Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Aínda que non houbo que lamentar danos persoais, os Bombeiros indicaron que o coche ardera por completo véndose tamén afectados distintos materias almacenados no garaxe.