Trasladan a unha muller ao hospital despois de inhalar fume nun incendio na súa vivenda
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada da persoa implicada ao fío das 2:30 horas da madrugada de hoxe
Un incendio provocado polo mal funcionamento dun calefactor obrigou a trasladar á única ocupante do inmoble, que resultou afectada por inhalación de fume.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos tras recibir a chamada da persoa implicada ao fío das 2:30 horas da madrugada de hoxe. Segundo a información recibida polos xestores do CIAE, unha avaría nun calefactor podería ser a causa do intenso fume provocado, que afectou á vivenda situada no quinto piso da Rúa Orzan, á altura do número 105. A alertante tamén indicou que no momento da chamada encontrábase fora do inmoble á espera dos servizos de emerxencia.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, solicitouse a colaboración do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento de Coruña e da Policía Local. Tamén foron informados os membros de Protección Civil da localidade, por se fose necesaria a súa colaboración.
Unha vez rematada a intervención, os Bombeiros confirmaron que a persoa fora evacuada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.