miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comeza no Principal o XXIV Certame de Teatro Intercentros

Comeza no Principal o XXIV Certame de Teatro Intercentros
Comeza no Principal o XXIV Certame de Teatro Intercentros

Grazas a este Certame de Teatro Intercentros, escolares de Santiago e comarca teñen a oportunidade de amosar ao público o traballo teatral realizado ao longo do curso nos centros de ensino

Este martes comezan no Teatro Principal as funcións dos grupos de Educación Primaria participantes no XXIV Certame de Teatro Intercentros. Máis de 300 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato participan nesta edición do evento, organizado pola Concellaría de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.

As obras de Primaria comezarán co CEIP López Ferreiro e a obra Aínda non es sogra, a partir das 10:30 horas. Continuará a Aula de Quinto do Colexio de Roxos, ás 11:30 horas, con Mamasina, que medo! E fechará o Colexio Aspanaes Duques de Lugo ás 12:30 horas con Na procura da peza perdida.

O mércores 22 de maio, ás 10:30 h, poderase ver En todas as familias cocen fabas, do Colexio San Jorge. Xa ás 11:30 horas, o CEIP Raíña Fabiola achegará Entrevista no ceo, e pecharán este XXIV Certame Os Palimoquiñis do teatro afeccionado lucense, cunha fermosa representación de Os Miserables.

CERTAME INTERCENTROS

Grazas a este Certame de Teatro Intercentros, escolares de Santiago e comarca teñen a oportunidade de amosar ao público o traballo teatral realizado ao longo do curso nos centros de ensino. Os preparativos do certame comezan ao principio do curso, no que se constitúen os grupos, se deciden as obras a interpretar, os vestiarios ou o decorado, e se ensaian as técnicas básicas da interpretación teatral. As representacións de grupos de Secundaria celebráranse do 29 de abril ao 3 de maio. 

Comentarios
Lo más