O Ateneo acolle unha mesa redonda sobre educación para poñer punto final ao II Ciclo Cinema e Educación
Con esta mesa redonda o Ateneo de Santiago ven a pechar os case dous meses do II Ciclo Cinema e Educación
Hoxe martes o Ateneo de Santiago, como punto final ao II Ciclo Cinema e Educación, e a Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega, con motivo da publicación do seu número 75, realizarán unha mesa redonda sobre Educación, que levará por título A escola que construímos.
No acto, que terá lugar ás 19:00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela e será de acceso libre e gratuíto ata completar a capacidade da sala, participarán as profesoras Sonia Fernández, de Secundaria, e Teresa Neira, de Infantil, así como Cristina Novoa, asesora de bibliotecas escolares, e Santiago Veloso, do programa Ponte… nas ondas.
Con esta mesa redonda o Ateneo de Santiago ven a pechar os case dous meses do II Ciclo Cinema e Educación, onde se mostrou a realidade educativa en Europa, dende os anos trinta do século pasado ata os primeiros deste século XXI, pretendendo suscitar a reflexión e o debate sobre os problemas e a situación da ensinanza na sociedade así como a súa evolución.