Bascuas mantivo un encontro cos veciños da Calzada de Sar
08:30 21/05/19
08:30 21/05/19
Bascuas apunta que o diálogo coa veciñanza é a única solución, así como facer unha actuación para dotar de servizos a veciñanza
Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, mantivo un encontro coa veciñanza da Calzada de Sar para coñecer de primeira man o conflito que sosteñen co Concello pola mobilidade e regulación do tráfico na Calzada.
Bascuas apunta que o diálogo coa veciñanza é a única solución, así como facer unha actuación para dotar de servizos a veciñanza, como o da recollida de lixo, ou o de dotar de puntos de luz á Calzada e apunta como medida urxente regular o tráfico na mesma, facilitando o acceso á veciñanza tendo en conta as súas necesidades.