miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Inician o proceso para licitar a reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal

Inician o proceso para licitar a reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal
Inician o proceso para licitar a reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses

O Concello de Ribeira informa do inicio do expediente para sacar a contratación unha nova actuación consistente na reposición do pavimento asfáltico na rúa do Canal e no camiño entre Ameixida e Os Paramos, ambas vías situadas na parroquia de Castiñeiras.

Os dous viales presentan un firme en aglomerado asfáltico bastante deteriorado en certos tramos, razón pola cal se persegue a súa mellora a través dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de 6 centímetros de espesor, previa limeza das súas marxes.

O orzamento deste proxecto ascende a un total de 48.881 euros e o seu prazo de execución son dous meses. Está financiado polo POS provincial.

Comentarios
Lo más