miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames será a sede do Campus de Fútbol da Real Federación Española de Fútbol

Ames será a sede do Campus de Fútbol da Real Federación Española de Fútbol
Ames será a sede do Campus de Fútbol da Real Federación Española de Fútbol

O prazo de inscrición para participar nesta actividade, dirixida a nenos e nenas de 8 a 17 anos, xa está aberto

Este verán, o concello de Ames convertese nun dos municipios elixidos pola Real Federación Española de Fútbol, xunto a Cerceda e Cedeira, para transformarse nunha das sedes do Campus de Fútbol organizado pola entidade na provincia da Coruña. O municipio amesá acollerá esta iniciativa entre o 14 e o 27 de xullo. 

O campus estará dividido nunha primeira quenda, que transcorrerá entre os días 14 e 20 de xullo; e unha segunda, que terá lugar do 21 ao 27 de xullo. Tamén existe a opción de participar na quenda dobre, que se estenderá do 14 ao 27 do mesmo mes. Durante o transcurso desta iniciativa, os diversos profesionais da RFEF combinarán a ensinanza técnico-táctica deportiva coa educación extradeportiva de valores relacionados coa práctica do deporte, co obxectivo de animar aos mozos a practicar deporte.

O campo de fútbol municipal do Milladoiro e o CEIP de Ventín acollerán este verán, entre o 14 e o 27 de xullo, un dos Campus organizados pola Real Federación Española de Fútbol. Esta é a primeira vez que a RFEF escolle ao municipio amesá como sede desta iniciativa na provincia da Coruña, status compartido cos concellos de Cedeira e Cerceda. 

Esta actividade estará destinada a nenos e nenas de entre 8 e 17 anos, que durante a súa participación intervirán tanto en avaliacións tecnico-tácticas como de aptitudes físicas, así como en diversos torneos entre os propios grupos de traballo como con equipos doutros campus. Esta iniciativa busca que o contacto entre os profesionais da RFEF e as rapazas e rapaces se converta nunha experiencia que incremente a motivación dos participantes para a práctica do fútbol.

Para acadar este obxectivo, o plan de traballo combinará a ensinanza deportiva técnico-táctica coa práctica da educación extradeportiva mediante a transmisión de valores como a convivencia, a cooperación, a amizade, ou a tolerancia, a través do xogo en equipo. Para elo, ao longo dos días fomentarase a aprendizaxe mediante un sistema de adestramento global a través do xogo, así como a toma de decisións, enfocado á maduración e á autonomía persoal dos participantes. 

Así mesmo, durante as distintas xornadas non só se practicará fútbol, senón tamén outras actividades como o baloncesto, voleibol, xogos de mesa, videoxogos, excursións ao parque acuático e distintas saídas en grupo.

Comentarios
Lo más