Alerta en San Vicente do Mar por envorcar unha embarcación
Unha persoa atopábase na auga ao lado da embarcación pedindo auxilio
Sobre as 17:00 horas da tarde de onte, o 112 Galicia recibía unha chamada de alerta dunha persoa particular. No seu relato indicaba que, unha persoa atopábase na auga o lado dunha embarcación envorcada, na praia próxima a igrexa de San Vicente do Mar.
Con estes datos, o persoal do CIAE 112 Galicia pasou un novo aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Así como, o servizo sanitario de urxencia, os axentes da Garda Civil e Policía Local e ao Servizo Municipal de Emerxencias do Grove.
Segundo se lle informou ao 112 Galicia a persoa foi trasladada por unha embarcación particular ata o porto de Meloxo onde se descartou lesión ningunha. Pola súa banda a embarcación puido ser amarrada no porto unha vez dada a volta.