miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo e Caballero manteñen un encontro con Andrés Perelló, Embaixador Delegado Permanente de España ante a UNESCO

Bugallo e Caballero manteñen un encontro con Andrés Perelló, Embaixador Delegado Permanente de España ante a UNESCO
Bugallo e Caballero manteñen un encontro con Andrés Perelló, Embaixador Delegado Permanente de España ante a UNESCO

Entre os asuntos tratados figura a posibilidade de que Santiago se incorpore á Rede de Cidades Creativas da UNESCO e o procedemento a seguir. Na reunión tamén estivo presente a número 2 da candidatura, Mercedes Rosón

O candidato á alcaldía de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; acompañado do Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; e da número dous da candidatura, Mercedes Rosón; mantiveron un encontro con Andrés Perelló Rodríguez, Embaixador Delegado Permanente de España ante a UNESCO. Entre os asuntos tratados figura a posibilidade de que Santiago se incorpore á Rede de Cidades Creativas da UNESCO e o procedemento a seguir.

Sánchez Bugallo e Andrés Perelló quedaron en verse para iniciar canto antes os traballos, no caso de que así o decida a cidadanía de Compostela o vindeiro 26 de maio. Medidas como a incorporación de Santiago á Rede de Cidades Creativas da UNESCO, ou a proposta de que sexa sede da Axencia Europea de Patrimonio, ocupan un lugar destacado no programa electoral da candidatura de Bugallo. Trataríase, segundo o candidato á alcaldía, de colocar a Santiago como unha referencia cultural galega, española e internacional.

O programa electoral tamén aposta pola creación, producción, formación e xestión en materia cultural. As distintas medidas están deseñadas para dar resposta aos problemas e desafíos do actual contexto sociocultural no que se atopa a cidade. Entre eles, a perda de liderado a nivel autonómico, nacional e internacional. Por iso, a candidatura socialista deseña unha aposta estratéxica pola cultura, converténdoa nunha acción troncal e transversal da acción de goberno, coa implicación e colaboración dos sectores afectados, e buscando o apoio externo, tanto da Xunta, como do Executivo Central, como da Unión Europea e doutros organismos internacionais, entre eles a UNESCO.  

Comentarios
Lo más